InicioSucesosDeteñen no Valadouro a un condutor por usar un sistema para ocultar...

Deteñen no Valadouro a un condutor por usar un sistema para ocultar a matrícula

O vehículo levaba instalado un sistema que, “accionado por un mando a distancia e a vontade do condutor”, permitíalle eludir rádares ou cámaras de control do tráfico

Publicada o

EFE. A Garda Civil de Lugo identificou no municipio lucense do Valadouro un turismo que levaba instalado na súa parte traseira un “sistema de ocultación da placa de matrícula do vehículo”, culminando deste xeito unha investigación iniciada meses antes. Os axentes detiveron ao propietario do turismo á altura do punto quilométrico 15,100 da estrada LU-160, en dirección Mondoñedo.
A investigación foi iniciada grazas á colaboración dun condutor que informou a Garda Civil de que vira “un vehículo circulando coa matrícula traseira tapada”. Por mor de dita información e a investigación posterior, os axentes lograron “meses máis tarde” a localización do vehículo e do autor da infracción.
Unha vez interceptado o coche e identificado o titular do mesmo, os axentes da Benemérita puideron confirmar as sospeitas de que o vehículo levaba instalado un sistema que, “accionado por un mando a distancia e a vontade do condutor”, ocultaba a matrícula traseira do vehículo, interferindo deste xeito sobre os diferentes sistemas de vixilancia e control do tráfico, como cinemómetros, rádares de tramo, cámaras de cinto de seguridade e móbil, cámaras de xestión de tráfico e aeronaves.
Á vista dos feitos, os axentes procederon a formular boletín de denuncia por infracción ao artigo 77 da Lei de Seguridade Viaria baixo o concepto de “conducir co vehículo apuntado levando instalado un inhibidor de rádar ou calquera outros mecanismos encamiñados a interferir no correcto funcionamento dos sistemas de vixilancia do tráfico”.

SEIS PUNTOS E 6.000 EUROS DE MULTA

A infracción leva aparellada unha sanción de seis puntos e 6.000 euros de multa sen dereito a redución algunha do importe, que terá que ser remitido á Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo. Dita infracción pode levar aparellada así mesmo a inmobilización do vehículo ata que desaparezan os motivos, pero finalmente non levou a cabo dado que, a continuación, o vehículo foi trasladado a un taller onde se procedeu á “ desinstalación e retirada do dispositivo” que foi intervido polos axentes, quedando o mesmo ao dispor da autoridade sancionadora. A Garda Civil alertou tamén de que o uso de dispositivos encamiñados a eludir os sistemas de vixilancia do tráfico pode “non soamente buscar ocultar a identidade do vehículo ante posibles sancións” senón “mesmo en calquera outro tipo de delitos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...