Detido un veciño de Burela con 17 doses de cocaína e 14 de heroína

Ao mozo, de 25 anos e ao que se lle interceptaron 150 euros no intre da súa detención, atribúeselle un suposto delito de tráfico de drogas

Doses de droga interceptadas. AXM

A Garda Civil detivo o pasado martes, 1 de setembro, ás 20.30 horas, a un veciño de Burela como suposto autor dun delito de tráfico de drogas. Segundo expuxo o Instituto Armado a través dun comunicado de prensa, trátase dunha persoa natural de Cabo Verde de 25 anos de idade.

O mozo arrestado tiña no seu poder no momento da súa detención, indica a Benemérita na nota, unha bolsa en cuxo interior se atoparon 11 gramos dunha substancia, supostamente cocaína, distribuída en 17 doses e dez gramos dunha substancia, supostamente heroína, distribuída en 14 doses, así como 150 euros en efectivo. A persoa detida foi posta a disposición xudicial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here