Deteñen dous mozos de Foz por furtar una bicicleta valorada en 1.000 euros

A Garda Civil investiga un veciño de Lugo por roubar 33 baterias de vehículos e 100 quilos de metal no punto limpo de Ribadeo

Bicicletas na praia de Altar en Barreiros. JUAN MAYA

A Garda Civil detivo a dous veciños da localidade lucense de Foz, de 21 e 22 anos, como supostos autores dun delito de furto.

Os feitos tiveron lugar o pasado 17 de agosto, cando se presentou unha denuncia nas dependencias do Instituto Armado, manifestando o furto dunha bicicleta propiedade do denunciante valorada en 1.000 euros. As persoas detidas, segundo concreta a Benemérita a través dun comunicado de prensa, foron postas a disposición xudicial.

Por outra banda, a Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño de Lugo, de 23 anos de idade, como suposto autor de dous delito de roubo con escalo no punto limpo da localidade de Ribadeo.

A persoa investigada supuestamente subtraeu 33 baterías de vehículos e 100 quilogramos de metal, tras saltar o valado perimetral os días 21 e 24 do pasado mes de agosto. A persoa investigada, precisa o Instituto Armado, foi posta a disposición xudicial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here