Deteñen un home en Foz por tráfico de drogas e oito roubos con forza en establecementos da vila

O varón arrestado, de 50 anos, realizaba viaxes regularmente á localidade de Ferrol presuntamente para proverse das sustancias que posteriormente vendía a terceiros

Axente da Garda Civil. AXM

A Garda Civil detivo no día de onte na localidade lucense de Foz, no marco da Operación Atram, a un veciño desta mesma localidade, de 50 anos de idade como suposto autor de tráfico de drogas e oito delitos de roubo con forza nas cousas.

Tras detectar varios roubos con forza en establecementos da localidade focega durante os pasados meses de xullo e agosto, o Instituto Armado iniciou unha investigación para determinar a autoría dos mesmos, segundo expuxo nun comunicado de prensa.

Tras varios días de vixilancia e investigación, o presente mes, tras supostamente cometer o detido outros dous roubos con forza e unha tentativa de roubo, constatouse que o presunto autor realizaba viaxes regularmente á localidade de Ferrol (A Coruña), posiblemente para proverse das drogas que posteriormente vendía a terceiros.

No rexistro do seu domicilio atopáronse numerosos indicios que reforzan o delito de tráfico de drogas, así como tres Tablet e unha lanterna subtraídas dun dos establecementos. Localizouse na súa vivenda a roupa que vestía cando supostamente cometía os roubos que se lle imputan. A persoa detida foi posta este venres a disposición xudicial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here