InicioSucesosFalece un motorista de Foz tras unha saída de vía na N-640...

Falece un motorista de Foz tras unha saída de vía na N-640 en Riotorto

A moto comezou a arder tralo accidente e orixinouse un pequeno incendio; o falecido tiña 31 anos

Publicada o

Un motorista veciño de Foz de 31 anos faleceu este sábado tras saírse da estrada pola que circulaba, a N-640, á altura do municipio de Riotorto (Lugo). O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia tivo coñecemento do suceso mediante a chamada de alerta dun particular, sobre as 16.30 horas desta tarde. O motorista necesitaba asistencia sanitaria e o hecículo comezara a arder debido ao impacto.
Ata o lugar mobilizáronse efectivos de Bombeiros de Barreiros, GES da Pontenova, Garda Civil de Tráfico e do 061 e alertou tamén ao distrito forestal da zona por si fose necesaria a súa intervención para evitar a extensión das chamas.
Tras chegar ao lugar do accidente e pese aos esforzos dos servizos de urxencia, só se puido confirmar o falecemento do condutor. Os axentes da Garda Civil de Tráfico en colaboración co persoal de mantemento das estradas encargáronse da eliminación dos restos do accidente e do restablecemento da seguridade na vía.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...