InicioSucesosInvestigado un mozo de 18 anos por roubar ferramentas nunha vivenda en...

Investigado un mozo de 18 anos por roubar ferramentas nunha vivenda en Foz

O presunto autor do furto, veciño de Burela, foi posto a disposición xudicial

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño de Burela de 18 anos de idade como presunto autor dun delito de furto por subtraer unha caixa con material na porta dunha vivenda na localidade de Foz.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos tiveron lugar na localidade de Foz cando o presunto autor supostamente furtou unha caixa con material dun torno mecánico no seu interior que se atopaba na porta da vivenda da persoa propietaria e denunciante.

O material furtado foi recuperado polos axentes e posto a disposición do seu lexítimo propietario, indicaron as mesmas fontes da Benemérita. Pola súa banda, o mozo de Burela investigado en relación con estes feitos foi posto a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...