Evacuado ao HULA un home tras caer por un terraplén cando conducía un tractor en Riotorto

O accidente ocorreu no lugar de Santa Marta de Meilán, pasadas as oito da tarde do xoves

Foto de arquivo dun accidente de tractor. AXM

Os servizos de emerxencia tiveron que intervir o pasado xoves no lugar de Santa Marta de Meilán, en Riotorto, para auxiliar un varón que caeu por un terraplén cando manexaba o seu tractor.

O incidente ocorreu poucos minutos despois das oito horas da pasada tarde e foron os profesionais sanitarios os que chamaron ao 112 Galicia para informar do suceso. Segundo a información facilitada aos xestores do 112, o ferido atopábase liberado e accesible.

Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pasouse aviso aos Bombeiros de Barreiros, aos membros do GES da Pontenova, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos voluntarios de Protección Civil de Riotorto.

Finalmente, o home foi trasladado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here