InicioSucesosEn liberdade un detido en Viveiro por tráfico de drogas

En liberdade un detido en Viveiro por tráfico de drogas

A Policía Nacional interviu á persoa arrestada 370 gramos de cogollos de marihuana, case 54 de anfetaminas e 2,3 de setas alucinóxenas, así como unha dose de cocaína

Publicada o

- Advertisement -

A Policía Nacional informou a través dun comunicado de prensa da detención en Viveiro dun varón no dispositivo contra o consumo ou venda de substancias estupefacientes.

En total interviñéronse 370 gramos de cogollos de marihuana, unha dose de cocaína, 53,9 gramos de anfetaminas, así como 2,3 gramos en setas alucinóxenas “monguis”, ademais de 100 euros e útiles para a disposición e venda de drogas.

Con ocasión do mencionado dispositivo, na tarde do 19 de outubro, axentes da Comisaría de Viveiro detectaron nas proximidades do estadio de fútbol de Cantarrana a presenza dun veciño de Ourol en actitude de espera. Así, observaron como momentos despois, esta persoa contactaba co que resultou posteriormente detido, producíndose instantes despois un intercambio ou venda de droga entre ambos.

Controlados en todo momento polos axentes, segundo o relato da Policía Nacional, estes procederon á súa identificación e posterior rexistro superficial, intervindo ao comprador unha bolsa de plástico onde portaba 7,2 gramos de marihuana en cogollos e unha dose de cocaína dun gramo, mentres que ao vendedor incautáronselle 100 euros en dous billetes de cincuenta, todo iso, produto da venda, procedendo á detención “in situ” deste último.

REXISTRO DO DOMICILIO

Nun posterior rexistro do domicilio do autor dos feitos, procedeuse á intervención de varios frascos de cristal contendo no seu interior cogollos de marihuana aptos para a venda, cun peso total de 360 gramos, do mesmo xeito que máis de cincuenta gramos de anfetaminas en diferentes presentacións (pó, pílulas, sobres), así como un bote de cristal contendo no seu interior setas alucinóxenas coñecidas como “monguis”.

Do mesmo xeito localizáronse bolsas de plástico con peche hermético e recortes plásticos dispostos para a dosificación das substancias estupefacientes, ademais dunha báscula de precisión para a súa pesaxe. O detido foi posto a disposición xudicial na tarde do 20 de outubro, decretando o Xulgado a súa posta en liberdade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...