InicioSucesosFalece un obreiro de Taramundi ao envorcar unha formigoneira na Pontenova

Falece un obreiro de Taramundi ao envorcar unha formigoneira na Pontenova

O falecido, de 53 anos e traballador de Hormigones Pontenova, conducía o vehículo, que entornou ao saírse da vía e ir contra un talude

Publicada o

- Advertisement -

Un home de 53 anos, M. M. M., veciño de Taramundi, faleceu na tarde deste luns no lugar de Vilar de Pedras, da parroquia pontenovesa de Rececende.

O falecido, traballador de Hormigones Pontenova, conducía pola estrada un camión-formigoneira que envorcou ao saírse da vía e bater contra un talude, segundo informou o 112, que tivo aviso do accidente ás 16.15 horas.

O 112 Galicia mobilizou cara o lugar do accidente aos bombeiros de Barreiros, ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Pontenova, a axentes da Garda Civil e a persoal do Punto de Atención Continua (PAC) de Meira.

EXCARCERADO O CADÁVER

Dada a gravidade do accidente, os servizos de urxencias tamén advertiron ao helicóptero medicalizado do 061 con base en Ourense. Os bombeiros excarceraron o corpo sen vida do obreiro, que ficou atrapado na cabina.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...