Recuperan o corpo do home que caeu ao mar en cadeira de rodas en Burela

O dispositivo de emerxencias unicamente puido confirmar o falecemento da persoa, que se precipitou á auga na tarde do martes antes de que as testemuñas o perderan de vista

Porto de Burela. AXM

Os efectivos de emerxencias rescataron o pasado martes o corpo sen vida do home en cadeira de rodas que caeu ao mar no peirao de Burela.

Segundo informa o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, o operativo para tratar de localizar ao home activouse ás 17.30 horas cando os profesionais sanitarios contactaron co servizo de emerxencias para solicitar axuda para unha persoa que se precipitou á auga na zona comercial do peirao burelense.

Segundo a información facilitada, trala caída, as testemuñas do incidente perderon de vista á persoa. Así as cousas, púxose en marcha un operativo de rescate que contou coa intervención dos servizos sanitarios de urxencia, dos efectivos de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, de membros da Cruz Vermella, dos Bombeiros de Barreiros e do GES de Cervo.

Finalmente, o dispositivo de emerxencias unicamente puido confirmar o falecemento do home. O corpo sen vida foi rescatado por mergulladores da Garda Civil. Desde o 112 solicitouse a colaboración do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) para prestar apoio á familia da vítima.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here