Unha muller de 72 anos, ferida grave tras ser atropelada en Foz por un camión de reparto

O accidente produciuse pasadas as dez e media da mañá do mércores na zona dun paso de peóns da rúa Salvador de Madariaga; a septuaxenaria foi trasladada ao hospital

Zona de Salvador de Madariaga na que se produciu o atropelo. GOOGLE MAPS

Ramón González Rey/EFE. Unha muller de 72 anos de idade resultou ferida de gravidade este mércores tras ser atropelada na localidade lucense de Foz.

Segundo informaron fontes dos servizos de urxencias, o accidente produciuse ás 10.42 horas da mañá, cando a septuaxenaria foi arroiada por un camión de reparto na rúa Salvador de Madariaga, á altura do paso de peóns que hai fronte á tenda dun operador de telefonía.

Para auxiliar á vítima, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 mobilizou aos Bombeiros de Barreiros, ao GES de Cervo, á Policía Local e a Protección Civil.

Tamén foi mobilizado o 061, que se ocupou de evacuar á vítima nunha ambulancia de Soporte Vital Básico ao Hospital da Mariña. A Policía Local confirmou que a septuaxenaria presentaba feridas de “gravidade“.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here