A Policía Nacional de Viveiro alerta sobre falsos comerciais que tentar estafar a anciáns

O modus operandi consiste en contactar telefonicamente coas potenciais vítimas, facéndolles crer que se trata dunha enquisa e que, a cambio, van recibir un importante agasallo

Comisaría de Policía de Viveiro. GOOGLE MAPS

A Policía Nacional de Viveiro informa de que responsables das empresas coruñesas de venda a domicilio Mercasaúde e Glomark Home confirmaron que falsos comerciais poden estar utilizando os datos dos seus clientes, principalmente anciáns que viven sós, para entregarlles produtos hixiénico-sanitarios, baixo o reclamo de tratarse de agasallos, cobrándolles un prezo en efectivo para cubrir os gastos de transporte.

Segundo concreta o corpo policial, o modus operandi consiste en contactar telefonicamente coas potenciais vítimas, facéndolles crer que se trata dunha enquisa e que, a cambio, van recibir un importante agasallo.

No seguinte paso, tras gañarse a confianza dos anciáns e concertar con estes a entrevista persoal, acoden ao seu domicilio para entregarlles un produto-regalo cuxas propiedades hixiénico-sanitarias poñen en relación coa prevención do Covid-19.

Coa escusa de estar ante unha promoción única e de validez limitada a uns días, pasan á seguinte fase de presión, para lograr os datos fiscais e bancarios das vítimas. Cando estas respondan que ignoran tales datos, os falsos comerciais pídenlles que ensinen os seus DNI, recibos bancarios de luz, teléfono, auga, ou seguros para poder fotografalos cos seus móbiles.

Ao coñecer o historial da vítima como cliente da empresa á que din representar, conseguen firmas en branco para contratos tanto de compraventa como do seu financiamento, engadindo rebaixas ficticias á promoción, como premio á súa fidelidade.

RECOMENDACIÓNS

Desde a Policía Nacional de Viveiro aconséllase o seguinte:

-Aos vendedores que, pola súa insistencia, agresividade verbal e ton imperativo, sexan sospeitosos de vendas a domicilio fraudulentas, non se lles debe facilitar ningún tipo de datos nin por teléfono, Internet ou personalmente.

-Non abrir a porta e deixar entrar nos seus domicilios a persoas descoñecidas, sobre todo a aquelas que manifesten ser técnicos ou pertencer a empresas de suministros do fogar, si non se solicitaron os seus servizos. En todo caso, pediráselles tanto a súa identificación como a da súa empresa, tomando nota na súa presenza ou mediante tarxeta de visita.

-Nas vendas de produtos en domicilios non se deberá de asinar ningún tipo de documento, máxime cando o vendedor apreme a aceptación.

-Se se está interesado nas ofertas, solicitarase a documentación que a acompañe para o seu estudo tranquilo, en especial o aspecto financeiro: pode tratarse de contratos de financiamento usureiros, de varios anos de duración, totalmente desvinculados do vendedor nos que o pago polo produto pode chegar a duplicar o prezo da oferta.

-Solicitar das empresas de venda a domicilio que rectifiquen a información que, como clientes, poida figurar nas súas bases de datos á data de detectarse calquera actividade dos falsos vendedores, substituíndo os seus datos polos de calquera outra persoa da súa confianza (fillos, netos, sobrinos, irmáns, veciños). Desta forma é posible discriminar as falsas ofertas das auténticas.

-Sempre que un vendedor diga representar a algún organismo ou ente público, chamar ao 091/062 e/ou teléfono do organismo ao que di representar, procurando apuntar a matrícula do vehículo no que viaxen e, de ser posible, marca, modelo e cor.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here