Excarcerada e evacuada ao Hospital tras caer co seu coche por un desnivel en Viveiro

O sinistro ocorreu no tramo da LU-P-6502 que une Chavín e Miñotos, sobre as dez horas

LU-P-6502. GOOGLE MAPS

Unha muller foi evacuada a un centro hospitalario tras ser liberada do coche que conducía, que se saíu da estrada e caeu por un desnivel en Viveiro.

En concreto, o vehículo saír da vía cando circulaba á altura do quilómetro 46 da LU-P-6502. O sinistro ocorreu no tramo que une Chavín e Miñotos, preto da Igrexa de Chavín, sobre as 10.00 horas da mañá.

Entón, os servizos sanitarios do 061 solicitaron ao 112 Galicia medios de intervención para acceder ao vehículo debido á posición na que se quedou tralo accidente.

Deste xeito, a central de urxencias solicitou a intervención dos bombeiros de Viveiro e puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e de Protección Civil do municipio.

Unha vez no lugar, os diferentes efectivos trataron de estabilizar o coche para que a ferida puidese saír do seu interior sen risco. Finalmente, a afectada foi evacuada en ambulancia ata o centro hospitalario de referencia.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here