Un incendio orixinado nunha tixola causa danos nunha vivenda de Viveiro

Foi o propio residente da vivenda o que alertou aos servizos de emerxencia e explicou que esqueceu as chaves dentro da súa casa, tendo que forzar a porta para abrir paso aos Bombeiros

Avenida de Nicolás Cora Montenegro. GOOGLE MAPS

Un incendio orixinado no mediodía deste xoves nunha tixola esquecida ao lume causou danos nunha vivenda situada na Avenida Nicolás Cora Montenegro, en Viveiro.

Segundo informou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, foi o propio residente da vivenda o que alertou aos servizos de emerxencia e explicou que se esqueceu as chaves dentro da súa casa, cando tiña unha tixola ao lume.

O CIAE 112 explicou que, coa axuda dun veciño, o home conseguiu botar a porta abaixo e facilitar a entrada aos Bombeiros de Viveiro, que acudiron avisados polo persoal do 112 Galicia.

Con eles colaboraron os voluntarios de Protección Civil da localidade e prestaron apoio os axentes da Policía Local. A pesar dos danos materiais causados na cociña, ningunha persoa necesitou asistencia médica.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here