Investigan a morte dunha octoxenaria atopada con trabadas de can na Pontenova

A Garda Civil espera os resultados da autopsia que se lle procedeu a practicar no HULA a unha muller de 85 anos; a principal hipótese é que o cánido a mordese unha vez falecida

Vista aérea da Pontenova. AXM

A Garda Civil espera os resultados da autopsia que se lle procedeu a practicar a unha veciña da Pontenova de 85 anos de idade no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo tras ser achada morta na súa casa e con trabadas de can.

Fontes da investigación, que sitúan o deceso fai “un par de días”, puntualizaron que foi un sobriño o que achou o cadáver da muller, que presentaba mordeduras de can. Por parte da Garda Civil precisouse que “o médico non certificou a causa” da morte “ata que non teña o informe da autopsia”, que se lle práctica no HULA.

As mesmas fontes aclararon que o cadáver “non” presentaba signos de violencia á marxe desas mordeduras e indican que agora para pechar o caso hai que esperar a ese informe do hospital.

Aínda que como cando se abre unha investigación barállanse todas as hipóteses, a que cobra máis forza céntrase en que a muller xa estaba morta cando o can a puido atacar e as mordeduras puidéronse deber á “fame” do animal.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here