Intervidas dúas toneladas de cocaína fronte á costa da Mariña

Foi unha operación conxunta de Vixilancia Aduaneira, Garda Civil e Policía Nacional na que se detivo a nove persoas

O Nehir. AGENCIA TRIBUTARIA

Unha operación conxunta de Vixilancia Aduaneira, Garda Civil e Policía Nacional saldouse con nove persoas detidas e uns 2.000 quilos de cocaína intervidos fronte á costa de Lugo.

Así o confirmaron fontes próximas á investigación, na que participou o Greco Galicia e ECO Pontevedra, na cal un buque da Armada recolleu a droga e á tripulación detida.

Tanto a droga como os arrestados foron trasladados polo buque da Armada a Ferrol, onde chegaron a pasada medianoite e desde onde a cocaína e arrestados foron trasladados á Comandancia da Garda Civil de Pontevedra.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here