InicioSucesosFerida unha muller tras chocar un coche e un camión en Covas

Ferida unha muller tras chocar un coche e un camión en Covas

O accidente produciuse na curva de Escourido, na antiga estrada Ferrol-Xixón

Publicada o

- Advertisement -

Unha muller foi trasladada ao Hospital da Costa tras quedar ferida nun accidente entre o coche que conducía e un camión na antiga estrada Ferrol-Xixón, a LU-862.

En concreto, o choque produciuse na curva de Escourido, na parroquia de Covas, no municipio de Viveiro.

O 112 recibiu aviso do sinistro ás 9.35 horas. A central mobilizou a profesionais do servizo de emerxencias sanitarias, aos Bombeiros do parque de Viveiro e á Garda Civil de Tráfico.

O CONDUTOR DO CAMIÓN, ILESO

O conductor do camión resultou ileso.

O turismo afectado quedou destrozado e os bombeiros deberon sacar á muller pola parte de diante do vehículo, sen que fose preciso excarcerala.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...