InicioSucesosUn camión que transportaba madeira envorca sen feridos en Mondoñedo

Un camión que transportaba madeira envorca sen feridos en Mondoñedo

O camioneiro atópase en bo estado e sen lesións de importancia; actualmente está a trasvasarse a carga para poder levantar o vehículo

Publicada o

- Advertisement -

Un camión que transportaba madeira envorcou este martes no punto quilométrico seis da LU-160, na zona da Couboeira, á altura do municipio de Mondoñedo, segundo confirmaron fontes do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia.

Segundo as mesmas fontes, foron os servizos sanitarios de Urxencias-061 os que deron conta do accidente, sobre as 10.46 horas, indicando que podería haber unha persoa ferida.

O 112 Galicia puxo o suceso en coñecemento dos Bombeiros de Barreiros, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e Protección Civil.

Segundo precisaron os Bombeiros de Barreiros, o camioneiro non estaba atrapado, polo que non requeriu de excarceramento, e en principio non tiña lesións de importancia. O vehículo, que será levantado coa grúa, non perdeu a carga, que se está trasvasando arestora a outro camión. Si houbo que limpar a estrada ao romper o depósito de combustible, polo que se cortou un carril da mesma. Ao completar o levantamento do camión realizarase unha nova limpeza da vía.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...