InicioSucesosCae parte dun tellado nas casas baratas de Burela sen producir danos...

Cae parte dun tellado nas casas baratas de Burela sen producir danos persoais

O propietario da vivenda estaba dentro no momento da derruba, pero puido saír da casa polo seu propio pé e sen padecer lesións

Publicada o

- Advertisement -

Parte do tellado dunha casa caeu na tarde deste luns en Burela, sen que houbese que lamentar danos persoais.

En concreto, o suceso produciuse ás 15.30 horas na rúa José María González, á altura do número cinco. Trátase da urbanización coñecida como as casas baratas.

No edificio vive un ancián que no momento do suceso estaba no domicilio, aínda que non sufriu danos.

O 112 Galicia mobilizou aos Bombeiros de Barreiros, á Policía Local de Burela e ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo, ademais de avisar aos servizos de emerxencia sanitarios.

A ZONA, PRECINTADA

Os bombeiros procederon á desescombrar e apuntalar o edificio e ao precintamento da zona para evitar consecuencias de producirse algún outro desprendemento.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...