InicioSucesosDetido un veciño de Riotorto por furtar cinco pastores eléctricos en Bretoña

Detido un veciño de Riotorto por furtar cinco pastores eléctricos en Bretoña

A persoa detida, de 34 anos, foi posta a disposición do Xulgado de Instrución nº 1 de Mondoñedo

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un veciño do concello de Riotorto, de 34 anos de idade, como suposto autor dun delito continuado de furto. Así o expuxo este mércores, 17 de marzo, o Instituto Armado a través dunha nota enviada aos medios de comunicación.

De acordo coa mesma fonte, o presunto autor dos feitos furtou cinco pastores eléctricos entre os pasados días 27 e 28 de febreiro na zona de Bretoña, localidade do termo municipal da Pastoriza.

Segundo concreta a Garda Civil no mencionado comunicado, a persoa detida foi xa posta a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 de Mondoñedo (Lugo).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...