InicioEconomíaComisan 8.000 quilos de cabala en controis na Mariña

Comisan 8.000 quilos de cabala en controis na Mariña

Eran dun mesmo armador que xustificou que lle roubaran as etiquetas.

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil comisou 8.000 quilos de cabala en varios controis a camións na Mariña lucense realizados para velar polo cumprimento da normativa de pesca desta especie.

En concreto, na A-8, os axentes identificaron á o condutor dun camión no que observaron que tanto os palets como os envases carecían de etiqueta, polo que non podía relacionarse a carga coa documentación presentada.

Segundo informou o Instituto armado, ao pesar a carga, esta deu como resultado un total de 21.000 quilos de cabala, mentres que a documentación achegada polo condutor amparaba só 16.000 quilos. Por iso, a Garda Civil procedeu ao comiso dos 5.000 quilos restantes.

Ademais, durante outro control, os axentes descargaron outro camión no que acharon 3.500 quilos de cabala sen etiquetar. A Garda Civil sinala que ambos os comisos proceden do mesmo armador que, segundo apunta, cambiou de porto supostamente para despistar. Ademais, declarou que lle roubaron as etiquetas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...