Cae unha rede de narcotráfico con centro na Mariña e que operaba na Terra Chá

Incautáronse seis quilogramos de haxix, cen gramos de cocaína, máis de 40.000 euros, vehículos e útiles para o corte e adulteración da droga.

Garda Civil. EFE

A Garda Civil, no marco da ‘Operación Thorir’, desarticulou unha rede de tráfico de drogas nas comarcas lucenses da Mariña e A Terra Cha nun operativo que se saldou con seis detidos.

Segundo informou o Instituto Armado, dá por desarticulada unha rede de tráfico de drogas integrada na súa maioría por cidadáns residentes na Mariña, a cal se iniciou por mor de varias denuncias e testemuños de persoas usuarias de servizos de prostitución, que vinculaban os mesmos ao consumo de estupefacientes e ao tráfico ilícito de drogas.

Iso orixinou á investigación que se saldou coa detención de seis persoas e a incautación seis quilogramos de haxix, cen gramos de cocaína, máis de 40.000 euros, vehículos e útiles para o corte e adulteración da droga.

Como continuación ao anterior o pasado día 22 de abri, procedeuse á detención dun veciño de Vilalba de 35 anos de idade, a quen se lle procedeu a realizar un rexistro no seu domicilio, no cal foron achados outros 120 gramos de cocaína e útiles para o corte e adulteración desta sustancia.

A dita persoa impútaselle así mesmo a entrega de cocaína que foi intervida nas fases da operación anteriores. A investigación foi dirixida polo Xulgado de Instrución número 2 de Mondoñedo.

MEDIDAS DE SEGURIDADE

As mesmas fontes indicaron que “a dificultade na investigación residía nas medidas de seguridade” utilizadas para localización dos puntos de entrega: pistas forestais, lugares despoboados, zonas de amplos pasteiros, todas elas na Terra Cha, “o que lle permitía detectar calquera seguimento de que fosen obxecto”, abundaron.

O detido foi posto a disposición xudicial, tras o que o xulgado ordenou o seu ingreso nun centro penal. Impútaselle a distribución e posesión dunha cantidade superior a 200 gramos de cocaína, útiles para o corte, envasado e adulteración da mesma.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here