InicioSucesosFerido un menor en Ribadeo ao ser atropelado polo tren turístico

Ferido un menor en Ribadeo ao ser atropelado polo tren turístico

Nos feitos estiveron involucrados dous menores, aínda que só un resultou ferido o accidente.

Publicada o

- Advertisement -

Un menor resultou ferido a media tarde deste domingo en Ribadeo ao ser atropelado polo tren turísitico mentres circulaba coa súa bicicleta.

Tal e como informou o 112 Galicia, nos feitos estiveron involucrados dous menores, aínda que só un resultou ferido o accidente. Foi un particular o que, a media tarde, alertou aos servizos do 112 do arrollamiento.

Así, o 112 mobilizou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade. Ademais, solicitouse a intervención dos bombeiros de Barreiros, xa que, segundo o alertante, o menor podería estar atrapado. Con todo, no transcurso da chamada, confirmouse que o menor estaba totalmente liberado e accesible.

Unha vez no lugar, os axentes da Policía Local confirmaron ao 112 Galicia o traslado do menor, polos servizos sanitarios, ao centro hospitalario de referencia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...