Investigado un veciño do Vicedo por atropelar mortalmente un peón e marchar do accidente

Impútanselle varios delitos, entre eles o de homicidio por imprudencia grave.

Garda Civil. EFE

A Garda Civil investiga a un veciño do Vicedo de 56 anos de idade por un delito de homicidio por imprudencia grave en relación ao atropelo mortal dun peón. Segundo informa o Instituto Armado, ademais, a este condutor impútanselle os delitos de abandono do lugar do accidente e de omisión do deber de socorro.

Este sinistro viario mortal ocorreu o pasado 21 de xuño no quilómetro 70,900 da estrada LU-862, consistente nun atropelo a un peón con resultado de morte, lembrou a Benemérita. A persoa investigada en relación con estes feitos foi posta a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Viveiro.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here