IniciosociedadeDúas persoas feridas en Cervo tras accidentarse ás 03,30 da madrugada

Dúas persoas feridas en Cervo tras accidentarse ás 03,30 da madrugada

O sinistro tivo lugar no punto quilométrico 51 da N-642

Publicada o

- Advertisement -

Dúas persoas necesitaron asistencia sanitaria nas primeiras horas deste martes tras sufrir un accidente de tráfico no punto quilométrico 51 da N-642 ao seu paso polo municipio de Cervo.

Segundo concretou o 112, este sinistro produciuse uns minutos despois das 3,30 horas deste martes. O servizo de emerxencias recibiu a alerta do accidente a través de persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, segundo indicou na súa comunicación, produciuse un accidente de tráfico no que quedaran feridas dúas persoas e unha delas posiblemente atopábase atrapada.

Por iso, por parte do CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención do GES de Cervo, dos Bombeiros de Viveiro e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Segundo confirmaron ao 112 Galicia os Bombeiros de Viveiro, as dúas persoas feridas foron atendidas polos servizos sanitarios sen que chegasen a empregar o material de excarceración e trasladados a un centro hospitalario en ambulancia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...