InicioSucesosDetido en Barreiros un veciño de Foz con 2,5 quilos de marihuana...

Detido en Barreiros un veciño de Foz con 2,5 quilos de marihuana no coche

Foi interceptado pola Garda Civil na estrada LU-150, á altura do quilómetro 0,100.

Publicada o

- Advertisement -

Garda Civil detivo no termo municipal de Barreiros  a un veciño da localidade lucense de Foz ao ser interceptado con 2.500 gramos de marihuana no vehículo que conducía. Segundo informou o Instituto Armado, o home de 36 anos foi detido como presunto autor dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas.

A persoa detida foi identificada na estrada LU-150, á altura do quilómetro 0,100, cando conducía un turismo, en cuxo interior portaba unha bolsa con 2.500 gramos de suposta marihuana e material “para o seu óptimo tratamento”, engaden as mesmas fontes.

As dilixencias policiais instruídas en relación con estes feitos foron remitidas á autoridade xudicial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...