InicioSucesosApuñalan a un camareiro cando abría un bar do centro de Ribadeo

Apuñalan a un camareiro cando abría un bar do centro de Ribadeo

Un empregado do Zielo, da rúa San Roque, recibiu un golpe na cabeza e unha navallada na perna e foi trasladado ao hospital

Publicada o

- Advertisement -

Un camareiro dun bar de Ribadeo foi agredido con arma branca na mañá deste martes cando ía abrir o establecemento no que traballa. Trátase do Zielo, ubicado na céntrica rúa de San Roque.

O suceso aconteceu a primeira hora da mañá. Un home descoñecido bateu na cabeza ao empregado e asestoulle unha navallada nunha perna, cun corte de varios centímetros.

O agresor deuse á fuga e a vítima pediu axuda nun local da mesma rúa. O traballador foi atendido no centro de saúde e logo trasladado en ambulancia asistencial ao Hospital Público da Mariña.

No centro hospitalario mariñao realizáronselle probas para comprobar o alcance do golpe recibido na cabeza. As feridas recibidas pola arma branca non semellan revestir gravidade.

INVESTIGACIÓN

A Garda Civil investiga o suceso cunha primeira descrición do agresor, que falaba castelán e vestía cazadora vaqueira con forro de ovella e unha braga no pescozo.

No tocante ao móbil, o intento de roubo é unha motivación probable, aínda que non se descartan outras opcións.

Segundo informaron fontes próximas á investigación, o camareiro dispúñase a ir ao banco para levar parte da recadación do local, que vende ademais lotaría.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...