InicioSucesosO mozo acoitelado en Ribadeo está na casa e o alcalde avisa:...

O mozo acoitelado en Ribadeo está na casa e o alcalde avisa: “os malos caen”

O rapaz requeriu puntos de sutura pola ferida ocasionada nunha perna e fixo probas para descartar lesións tras un forte golpe na cabeza

Publicada o

- Advertisement -

O mozo que foi acoitelado na mañá deste martes en Ribadeo cando se dispuña a abrir o bar Zielo, onde traballaba, xa se atopa na casa despois de ser atendido no Hospital da Mariña.

A. A. L. M., de 30 anos, recibiu un forte golpe na cabeza por parte dun agresor que a Garda Civil está a buscar, e tamén foi ferido na perna cun obxecto punzante, o que requeriu puntos de sutura.

Ao longo do día fixéronselle probas para descartar calquera lesión importante e arestora garda repouso.

“ACTO SALVAXE”

O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, condenou os feitos. “Tanto a Policía Local como a Garda Civil están averiguando o necesario para dar co paradoiro da persoa que cometeu este acto salvaxe e confío e desexo que así sexa. Os malos acaban caendo”, espuxo.

O rexedor transmitiu o “apoio do Concello a este rapaz, este traballador e veciño de Ribadeo, para que se recupere canto antes”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...