Loito en Foz pola morte do cronista e fillo predilecto “Suso do Bahía”

Foi conista oficial de Foz ata o 11 de xullo do ano 202.

Suso Fernández, Suso do Bahía, cronista oficial de Foz / Concello de Foz

O Concello de Foz vén de decretar este 4 de agosto como día de loito oficial polo pasamento de Suso Fernández, Suso do Bahía, fillo predilecto da vila e cronista oficial de Foz ata o 11 de xullo do ano 2021. Por iso, ao longo do día ondearán a media asta as bandeiras nos edificios oficiais do concello.
O Concello de Foz quere transmitir as súas condolencias a familiares e amigos. “É un día de perda: os focegos sentímonos orfos, baleiros. Espallou o bo nome de Foz por todos os recunchos de Galicia e fóra dela e fixo grandísimas achegas ao noso concello: Feira do Libro, Asociación de Comerciantes, Feitizo…”, sinalou Fran Cajoto, rexedor de Foz. “Seguimos en débeda con el, aínda tendo a satisfacción de que en xullo do pasado ano puidemos homenaxealo como se merecía, en vida”, concluíu.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here