IniciosociedadeRotas as negociacións do convenio colectivo de Urbaser Burela en plena folga

Rotas as negociacións do convenio colectivo de Urbaser Burela en plena folga

Publicada o

- Advertisement -

Patronal e traballadores romperon este mércores as negociacións para alcanzar un novo convenio colectivo tras un encontro que, segundo a representación sindical, durou “10 minutos de reloxo” e que se produce no transcurso dunha folga indefinida.

Segundo informou a CIG, aínda que a empresa anunciara que na tarde deste mércores “trasladaría unha nova proposta económica que podería responder as demandas sociais”, ao comezo do encontro “negouse a informar da mesma pondo unha escusa tan peregrina como que o persoal estaba concentrado na porta”.

“Levamos 15 días facendo concentracións diante do Concello de Burela sen ningún problema e o primeiro día que facemos unha protesta -totalmente pacífica e silenciosa- diante das oficinas da empresa, véñennos co conto de que así non poden negociar, que senten coaccionados e que non nos van a trasladar a proposta salarial”, dixo Xoán Díaz.

Para secretario da CIG-Servizos de Lugo-A Mariña, a reacción de Urbaser “non é máis que unha escusa para bloquear as negociacións”, xa que “facer unha concentración cando hai unha reunión coa patronal, ademais dun dereito constitucional, é unha práctica habitual para visualizar a unión do persoal nas súas reivindicacións”.

Neste marco, os representantes dos traballadores apelaron ao Concello de Burela, a “administración responsable de velar polos dereitos laborais e salariais do persoal e de que se preste un servizo de calidade á cidadanía”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...