InicioEconomíaJosé Tomé acusa o PP de traizoar á Mariña ao non situar...

José Tomé acusa o PP de traizoar á Mariña ao non situar a planta de Altri na zona

Acusa a Núñez Feijóo de "utilizar politicamente Alcoa".

Publicada o

- Advertisement -

O secretario xeral dos socialistas lucenses, José Tomé, asegurou este domingo que o PP “traizoou á Mariña” ao non situar a planta de fibras téxtiles de Altri na comarca, xa que finalmente instalarase no sur da provincia, no concello de Palas de Rei, na Comarca da Ulloa. Na celebración do Primeiro de Maio en Bispo Santo, en Foz, Tomé criticou que a Xunta manifestou “por activa e por pasiva” que Altri sería para A Mariña e censurou que “ata chegaron a falar de que se instalaría no concello de Cervo”.

Así, manifestou que “hai que ter pouca vergoña cando o PP acusa os alcaldes da Mariña de mentir” porque “se alguén mente, engana, manipula e traizoa”, continuou, “é o Partido Popular da Mariña”. “Que non nos veñan con contos”, subliñou. Así mesmo, denunciou que Feijóo estivo “a xogar coa Mariña”, no que respecta á implantación de Altri, e “ninguneou os alcaldes” e, como consecuencia, “a todos os mariñáns”.

Neste sentido, o secretario xeral dos socialistas lucenses lembrou que os alcaldes lle pediron ao presidente da Xunta “unha simple reunión” e “nin sequera os escoitou”. En todo caso, Tomé recoñeceu que para os socialistas “é unha boa noticia” que se instalen empresas en calquera dos 67 concellos da provincia de Lugo. Así, afirmou que lle dan a benvida a todos os investimentos e aos postos de traballo que se cren na provincia, en referencia á implantación de Altri en Palas de Rei.

ALCOA E VESTAS

Ademais, acusou a Núñez Feijóo de “utilizar politicamente Alcoa”. “Fixo non sei cantas visitas e fotos. Iso si, sen achegar nin ideas, nin diñeiro, como fai o Goberno vasco, por exemplo, a diferenza da Xunta de Galicia”, expuxo.

Por outra banda, tamén se referiu a Vestas e sinalou que alí “non foi nin Feijóo, nin Conde, nin Rueda“. Neste sentido cuestionou se os 125 postos de traballo de Vestas “son distintos a outros postos de traballo que se perderon na industria”. “O que pasa é que neste caso a competencia e a responsabilidade era da Xunta e por iso escaparon”, asegurou.

Por estes motivos, insistiu en que o PP “lle deu as costas á Mariña” e por iso animou os socialistas a traballar para que “dentro dun ano” a veciñanza da comarca tamén “lle dea as costas ao PP” porque, engadiu, se conseguen iso, “haberá alcaldes socialistas que repiten e outros novos”, algo que, ao seu xuízo, fará que á Mariña e ao conxunto da provincia “lle vaia mellor”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...