InicioCentralBurelaBurela acolle o ciclo de obradoiros 'Ciencia á Feira' na Casa da...

Burela acolle o ciclo de obradoiros ‘Ciencia á Feira’ na Casa da Xuventude a partir do venres

Publicada o

- Advertisement -

A Casa da Xuventude do Concello de Burela albergará, dende este venres 20 de outubro, o ciclo de obradoiros ‘Ciencia á feira’, que teñen como obxectivo achegar temas de interese científico á sociedade.


Os obradoiros que se van a desenvolver no ciclo serán os de ‘Enfermidades transmitidas por carrachas’ entre outubro e decembro, ‘Xestión sustentable da auga’ entre xaneiro e marzo, e ‘Propagación vexetal e as súas implicacións’ entre abril e xuño.


A primeira sesión, como parte do obradoiro de ‘Enfermidades transmitidas por carrachas’, terá lugar ás 12:00 do venres 20 de outubro. Cada sesión comporase dunha charla de 30 minutos e dun obradoiro de hora e media de duración.


As actividades realizaranse coincidindo coa feira municipal, que ten lugar os venres, e se instalará un posto no mercado de Burela onde se informará e repartirá material didáctico sobre o tema. ‘Ciencia á feira’ está dirixida tanto ao alumnado dos institutos como á cidadanía en xeral.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...