InicioCentralAtendida unha condutora co sistema ecall tras chocar contra un animal en...

Atendida unha condutora co sistema ecall tras chocar contra un animal en Foz

O accidente tivo lugar sobre as 20.30 en Santo Acisclo do Valadouro.

Publicada o

- Advertisement -

Unha condutora resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado ao chocar contra un animal que irrompeu na calzada na noite deste pasado xoves no termo municipal de Foz.

Así o informou o 112 Galicia, que indicou que o sistema ecall permitiu a unha condutora pedir axuda ao servizo de emerxencias despois de chocar, sobre as 20,30 horas deste xoves, contra un animal que irrompeu na vía en Foz.

A muller necesitaba asistencia sanitaria debido ás lesións provocadas polo golpe e despois de activarse a bolsa de aire de seguridade do vehículo. De feito, presentaba algunhas feridas nas pernas, polo que foi atendida por profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, posteriormente, trasladada a un centro hospitalario.

Ademais, o sistema de chamada de emerxencia ecall instalado no interior do vehículo permitiu coñecer enseguida a súa localización, a LU-152, ao seu paso por Santo Acisclo do Valadouro, destacaron as mesmas fontes do 112.

Deste xeito, xunto cos profesionais sanitarios, desprazáronse ao lugar do accidente axentes da Garda Civil de Tráfico, membros do GES de Cervo e voluntarios de Protección Civil da localidade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...