A II Edición da Carreira Popular Popular de Orientación Concello de Lourenzá celebrarase o domingo 13 de marzo. Esta carreira de orientación consiste en realizar un percorrido con saída individual no menor tempo posible. Está organizada polo Club Atletismo Lourenzá e o Club Orientación Compás de Lugo.
Os organizadores explican que o percorrido vén trazado nun mapa que se entrega no momento da saída, que do mesmo xeito que a meta e a Secretaría estarán no campo da feira de Lourenzá. A entrega de medallas será unha vez finalizada a proba aos 3 primeiros clasificados de cada categoría (feminina e masculina).
Os horarios son estes: ás 09:30 Secretaría e Sportident. Todas as saídas serán con baliza start. Ás 10:30 saída dos primeiros corredores. O peche de meta e inicio de retirada das balizas do terreo farase 2 horas despois da última saída. Hai tres categorías: iniciación curta (para nenos e nenas ata 16 anos), iniciación longa (para adultos) e avanzado (para expertos e federados).
Hai máis información dispoñible no evento creado en Facebook. A data límite para inscribirse é o martes 8 de marzo ás 22 horas, debendo cubrir o documento que está dispoñible na páxina do Club Atletismo Lourenzá en Facebook.