O Pescados Rubén Burela FS visitará ao Xove FS, da Segunda División B, no derbi mariñao dos cuartos de final da Copa Galicia.
O conxunto que adestra Juanma Marrube derrotou (2-4) ao cadro coruñés do Ventorrillo na eliminatoria de octavos de final.
0-4 AO DESCANSO
O colíder da Segunda División mostrou a súa superioridade sobre o cadro herculino, sétimo na categoría de bronce do fútbol sala español. Así, os visitantes gañaban por 0-4 ao descanso.
Lucho abriu o marcador no minuto 5 e, no 7, un gol en propia meta do Ventorrillo significou o 0-2. Nito e Renato ampliaron a renda antes do paso polos vestiarios.
No segundo acto o Ventorrillo non foi quen de inquietar ao equipo mariñao, malia acadar dous goles que maquillaron o marcador.
Está moi ben o fútbol sala eo fútbol, pero…….. é lo os deportes non son máis que estes dous??
Haber se podedes incluír algún máis.
Aaahhh e por pedir que non quede….. CATEGORÍAS INFERIORES tamén.