InicioEconomíaJosé Antonio Zan: "Industria ten que meterse de cabeza vía SEPI na...

José Antonio Zan: “Industria ten que meterse de cabeza vía SEPI na compra de Alcoa”

Anima a participar nunha concentración programada para o vindeiro domingo 20 de xuño en Cervo.

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, urxe a que a Sociedade Estatal de Patentes Industriais (SEPI) se faga cargo da operación de compravenda da planta de Cervo, despois do fallo da Audiencia Nacional que condena a Alcoa a indemnizar ou recolocar a traballadores das fábricas da Coruña e Avilés.

Zan aprema ao Ministerio de Industria a que “se meta de cabeza vía SEPI” na planta de San Cibrao, unha cuestión que exporán na reunión deste xoves. Demanda que “a SEPI garanta toda a operación despois de que o xulgado diga que Alcoa actuou de mala fe coa Coruña e Avilés e só é posible esa fórmula para garantir que a venda sexa a un comprador fiable”.

“Esperamos que, canto antes, se poida garantir a operación e a SEPI sexa a que faga ese proceso de compravenda nun acto único que nos dea viabilidade para poder continuar e seguir sendo obreiros do aluminio primario”, reclamou para que non ocorra o mesmo que na Coruña e Avilés.

CONTACTOS CON TRES EMPRESAS

Así mesmo, o presidente do comité de empresa informou que mantiveron contactos co Grupo Liberty e outras dúas compañías interesadas na planta de San Cibrao. “Son dous grupos que parecen serios e solventes, son grupos industriais a diferenza da Coruña e Avilés, que eran grupos de investimento bastante dubidosos”.

Dos encontros con eses posibles compradores, o sindicalista de Comisións Obreiras puxo o acento en que “algún, mesmo, avanzou as solucións que ten na operación”. “Ao final hai que esperar que o Ministerio (de Industria) bote unha man e, dunha vez por todas, se molle; e que non teñamos que acudir aos tribunais, como fixemos ata agora, porque a decisión política segue sen tomarse”, apuntou.

Finalmente, o comité de empresa de Alcoa anima a toda a cidadanía a participar nunha concentración programada para o vindeiro domingo 20 de xuño en Cervo para reclamar unha solución.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...