InicioAs campañas da troita e do reo comezan o domingo no Eo

As campañas da troita e do reo comezan o domingo no Eo

O cupo de capturas é de seis exemplares por pescador e día, e a talla mínima de 25 centímetros

Publicada o

- Advertisement -

O domingo arrincan as tempadas de pesca de troita e reo na conca asturiana do río Eo, onde o pasado 15 de abril arrancou a campaña do salmón. A normativa de pesca establece un cupo de captura de seis exemplares por pescador e día, o mesmo límite estipulado dos dous últimos anos. A resolución da Consejería de Medio Ambiente tampouco introduce novidades no tocante á talla mínima dos exemplares capturados, que deben ter, cando menos, 25 centímetros.

A campaña de pesca é especialmente benvida en San Tirso de Abres que nestes meses recibe pescadores tanto de Asturias e Galicia como do resto de España, atraídos pola súa riqueza piscícola e a tradición pesqueira. A actividade en torno ao río tradúcese en máis comidas e pernoctacións para os establecementos hosteleiros de El Llano e outras localidades do municipio.

ata o 15 de agosto pasarán pola conca asturiana 3.000 pescadores

Dacordo cos datos do sorteo de cotos de pesca para este ano, durante a campaña, que se pecha o 15 de agosto para todas as especies, pasarán pola conca asturiana do Eo uns 3.000 pescadores.

SALMÓN

A temporada da troita e o reo comeza nos ríos salmoneiros case dous meses despois que no resto das concas asturianas. A especie máis emblemática marca os tempos nestas augas nas que o exemplar máis codiciado é o campanu’, o primeiro salmón da campaña, que este ano foi capturado por un pescador madrileño, Federico de Lera, no coto da volta. Ocorreu o pasado 18 de abril, e o peixe pesou uns cinco quilos.

No primeiro mes de campaña, o Centro de Precintaje del Eo contabilizou catro salmóns capturados, unha cifra que permite pensar que se poden dar uns datos finais semellantes á media dos últimos anos, pero por debaixo dos rexistros de tempos máis propicios para a pesca fluvial no río, como foron os primeiros anos do milenio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...