Crean un crowfunding para afrontar os gastos xurídicos contra Estaleiros Gondán na ría de Ribadeo

A campaña alerta da expansión de Astilleros Gondán que tivo un “incalculable e arrepiante” impacto na Ría de Ribadeo. Entre os diferentes danos mencionados están as continuas verteduras e dragaxes.

Estaleiros Gondán na Ría de Ribadeo / XdM

Unha campaña de crowfounding na  plataforma GoFoundMe levada adiante por Carlota Miranda, busca apoios para afrontar os gastos derivados do asesoramento xurídico relativo á modificación puntual do PGOU de Castropol. A plataforma busca frear a redacción do PGOU en relación aos Astilleros Gondán, cuxos terreos están xunto á ría de Ribadeo.

A plataforma alerta da expansión da empresa Astilleros Gondán que tivo un “incalculable e arrepiante” impacto na Ría de Ribadeo. Entre os diferentes danos mencionados están as continuas verteduras e dragaxes. Á parte “os ruídos non só afectaron ás aves desta ZEPA senón que tamén fixo danos nos residentes das zonas máis próximas ao Estaleiro”.

Esta campaña contra as modificacións de PGOU de Castropol realízase ante a posibilidade de danos ambientais para a ría. “A Ría de Ribadeo constitúe un ecosistema recoñecido pola Unesco como Reserva da Biosfera en 2007″. Tamén está recoñecida como ZEPA (Zona de Especial Protección de Aves), a máxima figura de protección da Rede Natura 2000. Esta figura de protección pensouse particularmente para as aves que están ameazadas de extinción. Galicia e Asturias comparten a xestión deste espazo natural.

O impacto ambiental das modificacións na ría traería aumento de ruídos, contaminación, movementos de terra, cargas e descargas ou acceso a estradas. Ademais todo iso afectaría as mareas, ás especies protexidas e ás aves. Asociacións como Coordinadora Ecoloxista no Principado e Arco da vella en Galicia xa presentaron alegacións co único obxectivo de frear este proceso e garantir que se cumpran estritamente as limitacións impostas pola rede Natura 2000, declara Carlota Miranda.

Máis información sobre a campaña: https://é. gf.me/v/ c/ gfm/ ra-do- eo-en-perigo-non-ao-cambio-do- pgou

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here