Os próximos días 12 e 13 de decembro celébrase en Castropol a primeira Edición do Congreso Nacional de Turismo Activo Inclusivo, un evento organizado para promover este tipo de turismo diferenciador e facer do occidente asturiano un destino referente en turismo activo para todas as persoas.
O luns realizaranse dous obradoiros formativos en accesibilidade, un dirixido a persoal da Administración Pública e outro dirixido ás empresas turísticas, hostalaría e comercio. Ambos os talleres celebraranse no Salón de Actos do Concello de Castropol e teñen como obxectivo ofrecer ferramentas para implementar medidas de accesibilidade nos servizos públicos de forma sinxela.
O martes será o día cando os asistentes poderán coñecer de primeira man a empresas, entidades e deportistas de recoñecido prestixio que están a traballar no lecer accesible para todas as persoas. Verán como se están organizando actividades de lecer e deporte inclusivo, exemplos de iniciativas que servirán de inspiración para que poidan ser replicadas na Comarca Oscos Eo e facer do occidente asturiano un referente en Turismo activo inclusivo. O evento terá lugar no Salón de Eventos do Restaurante Peñamar de Castropol.
A participación no Congreso é gratuíta, pero é precisa a reserva previa.