Estudantes do Occidente asturiano protagonizan un pleno infantil no Parlamento

Escolares de cinco centros foron deputados por nun día nunha actividade do décimo Foro Comunicación y Escuela

Pleno infantil no Parlamento asturiano. AXM

Estudantes dos centros educativos da comarca Oscos-Eo protagonizaron este martes un pleno infantil no hemiciclo da Xunta Xeral do Principado de Asturias, en Oviedo.

Nunha actividade enmarcada dentro do Foro Comunicación y Escuela que impulsa o IES Elisa y Luis Villamil de Vegadeo, alumnado dos centros CRA Ría del EoCRA Oscos, CRA Occidente, Colegio Jovellanos, Colegio La Paloma e do propio centro impulsor exerceron por un día de deputados.

Os estudantes, de primaria e secundaria, sentaron nos escanos para propoñer medidas necesarias a aprobar no Parlamento asturiano. Os escolares presentaron así e debatiron as súas propostas, cun protocolo que seguiu os procedementos habituais nunha sesión plenaria.

RECEPCIÓN

Antes, o alumnado foi recibido polo presidente da Cámara, Pedro Sanjurjo. A décima edición do foro segue a proporcionar experiencias novidosas aos estudantes do Occidente de Asturias.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here