Foz e Viveiro acollerán protestas tralo crime machista do Porriño

Outras quince localidades galegas serán sedes de concentracións contra os feminicidios

O Observatorio da Mariña Pola Igualdade sumarase á concentración de Foz. AXM

Foz e Viveiro acollerán concentracións este mércores tralo crime machista sucedido en Chenlo, no Porriño.

As protestas están previstas para as 20.00 horas. En Viveiro, a sede da concentración será a praza da Fontenova, mentres que en Foz o acto de repulsa celebrarase na praza Conde de Fontao.

Outras quince localidades galegas –O Porriño, Ourense, Lugo, A Coruña, Vigo, Compostela, A Estrada, Ferrol, Pontevedra, Redondela, As Pontes, Ribeira, Monforte, Viana do Bolo e Cangas do Morrazo– acollerán concentracións por este motivo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here