InicioOccidentalCervoCervo terá unha nova escola de Atletismo

Cervo terá unha nova escola de Atletismo

"É un paso moi importante para este deporte na Mariña", din dende a Federación de Atletismo.

Publicada o

- Advertisement -

O Club Deportivo San Cipirán presentou unha nova Escola de Atletismo que se suma á oferta deportiva do concello de Cervo. O proxecto partiu da atleta local Olga Vicente, que será unha das encargadas de adestrar ás persoas que se anoten nesta nova actividade.

Dende o Concello de Cervo aplauden a iniciativa, que se presentou nas pistas de atletismo do Complexo Deportivo da Veiga. “Dende o Concello comprometemos todo o noso apoio para contibuír a impulsar este novo proxecto, que sabemos que xa está a espertar moito interese entre a nosa veciñanza”, afirmou o alcalde de Cervo, Alfonso villares.

Pola súa banda, dende a Federación Galega de Atletismo amosaron moito interese polo proxecto, e o seu Vicepresidente, Suso Vázquez, puco en valor a creación deste: “É un paso moi importante para este deporte na Mariña”, salientou.

A actividade está destinada a persoas de todas as idades, e relizaranse nas instalacións do complexo Deportivo da Veiga, que conta cunha pista de atletismo con 6 rúas cunha lonxitude de 400 metros.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...