InicioOccidentalCervoCervo renova a rede de abastecemento de auga en Espiñeirido

Cervo renova a rede de abastecemento de auga en Espiñeirido

O Concello inviste case 40.000 euros de fondos municipais na execución desta obra. Substituirase a rede de abastecemento de auga e renovarase o sistema de saneamento de pluviais que dará servicio aos núcleos da zona.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde Alfonso Villares, a tenente alcalde Dolores García Caramés e a Concelleira Mali Méndez visitaron as obras de abastecemento de auga, saneamento de pluviais e pavimentación de viais en Detrás do Rego, Espiñeirido.

A execución da obra vai substituír a rede de abastecemento de auga existente, así como a renovación do sistema de saneamento de pluviais que dará servicio aos núcleos da zona e a reposición do asfalto dos núcleos afectados pola actuación.

O orzamento total da obra ascende a un total de 39.971 euros, financiados todos eles polas arcas municipais.

Apunta o alcalde Alfonso Villares que “esta actuación ven recomendada polos técnicos municipais, posto que consideraban que a anterior rede de abastecemento ocasionaba múltiples avarías debido a unha irregular colocación”.

Engade ademais que “con esta obra conseguimos mellorar a dotación existente de infraestruturas e propoñer un espazo público cómodo e accesible desta zona rural para cubrir as necesidades de carácter básico. O rexedor quixo sinalar tamén que “son obras que están agochadas á vista pública e non se notan, pero son indispensables para o día a día da nosa veciñanza”.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...