InicioOccidentalCervoEntregadas as axudas para as ANPAS por parte do Concello de Cervo

Entregadas as axudas para as ANPAS por parte do Concello de Cervo

O alcalde, Alfonso Villares, apuntou que "estas axudas forman parte dunha partida orzamentaria de 7.500 euros que dende o Concello diriximos á comunidade educativa tanto para a compra de libros e material escolar como para transporte”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo, da man do rexedor Alfonso Villares e da edil de Educación, Dolores García Caramés, entregou no día de hoxe as axudas dirixidas ás ANPAS dos centros escolares do municipio –CEIP de Cervo, CEIP Península da Paz e IES Marqués de Sargadelos-.

Tal e como sinalou o alcalde, Alfonso Villares, “o fin desta liña de axudas é o de contribuír a fomentar as actividades educativas e lúdico-culturais que promoven as asociacións de pais e nais ao longo de todo o ano e que van dirixidas a dinamizar a escolarización, ademais de brindarlles unha axuda económica para que poidan facer fronte aos seus gastos de funcionamento”.

Villares apuntou que “estas axudas forman parte dunha partida orzamentaria de 7.500 euros que dende o Concello diriximos á comunidade educativa tanto para a compra de libros e material escolar como para transporte”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...