InicioOccidentalCervoIniciados os trámites para un aparcadoiro público no conxunto histórico de Sargadelos

Iniciados os trámites para un aparcadoiro público no conxunto histórico de Sargadelos

Este aparcamento, que terá unha capacidade superior ás 50 prazas, permitirá diminuír o número de vehículos que ocupan o vial principal do centro de emprendemento, mellorando o aspecto visual e a seguridade.

Publicada o

- Advertisement -

O concello de Cervo inicia os trámites para a creación dun novo aparcamento público no Conxunto Histórico e Artístico de Sargadelos. Este novo lugar para estacionar os vehículos vaise situar nunha parcela de titularidade municipal, situada na parte traseira do antigo edificio da Carboeira.

O alcalde, Alfonso Villares, xunto coa tenente alcalde, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Turismo, David Rodríguez, achegáronse ata a zona de actuación para explicarlle a Luis Peña, pedáneo de Sargadelos, os seguintes pasos que se van dar para a consecución deste novo espazo, que permitirá aumentar a afluencia de visitantes e facilitará o desenvolvemento dos negocios establecidos na localización.

A creación deste novo aparcamento, que estará rematado ao longo deste ano 2022, obedece á intención de mellorar a seguridade do vial principal que transcorre polo centro de emprendemento, diminuíndo o número de vehículos que ocupan esa estrada, sobre todo épocas de gran afluencia de visitantes. O proxecto xa está listo para a súa licitación, logo do informe positivo por parte de Patrimonio.

Na actualidade, o Conxunto Histórico e Artístico de Sargadelos é un dos puntos con máis afluencia de visitantes. Dende a creación do centro de emprendemento, que nestes intres frecuentan 7 negocios artesáns, a localización veu incrementado o seu potencial turístico, sendo cada vez máis un punto de interese para os turistas ao longo de todo o ano. O orzamento total desta execución ascende a un total de 67.589 euros, financiados na súa totalidade polas arcas municipais.

Alfonso Villares: “coa creación deste aparcamento público, pretendemos mellorar a seguridade do vial que transcorre polo Centro de Emprendemento de Sargadelos, desconxestionando a ocupación da vía por vehículos, sobre todo en épocas de gran afluencia de visitantes, como pode ser o verán”. “A liberación de tráfico desta estrada permitiranos, ademais, facer máis atractivo á vista este enclave, que é un dos puntos con maior valor turístico dentro do noso municipio” engadiu o rexedor.

O concelleiro de Turismo, David Rodríguez, apuntou que “falamos dunha importante actuación de cara a atracción de visitantes. Nos últimos anos esta localización atrae cada vez máis xente durante todo o ano, xa sexa polo seu encanto natural ou polo valor engadido que se proporcionou desde a creación do Centro de Emprendemento de Sargadelos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...