Os seguidores de Sabela Ramil, a concursante pontesa de Operación Triunfo con raíces en Bravos, axitaron Twitter este luns co cancelo #SabelaFavorita, que desde as sete da tarde protagonizou ducias de mensaxes.
O público quixo reivindicar á única cantante galega do programa. Segundo os seareiros, a vocalista de orixe ourolesa está a ser tratada inxustamente ao encomendarlle a dirección do concurso unha e outra vez cancións que non se adaptan ao seu estilo intimista.
Mesmo a súa profesora de canto, Rosa Cedrón, saíu na súa defensa.
Lo sé lo sé ☺️. Ella es increíble y cuando salga y pueda hacer de verdad lo que siente y lo que le gusta, va a ser alucinante!!! Solo que me parece injusto que no le den temas más adecuados para ella #SabelaFavorita https://t.co/lVrJaKvIpo
— Rosa Cedrón (@RosaCedron) October 18, 2018
Sabela debeu interpretar na gala 4 o rock ‘Estrella Polar‘, de Pereza, e na gala 1 o reguetón ‘Échame la culpa‘, de Luis Fonsi e Demi Lovato. Con ámbalas dúas pezas foi nominada polo xurado.
Trala nominación da gala 1, Sabela foi salvada polo público á semana seguinte, logo de cantar ‘Benditas Feridas‘. Na gala 4, foi rescatada polos seus compañeiros, respectivamente.
Sen embargo, coa súa versión de Rosa Cedrón ou de ‘Como quieres que te quiera‘, de Rosario Flores, non tivo problemas para manter o seu posto na academia.
O MÉRCORES, GALA 5
Este mércores (TVE 1, 22.30 horas), a vocalista das Pontes interpretará de novo unha canción afastada ao seu rexistro. Será ‘Volar‘, de Macaco, que a vocalista interpretará con Damion.
Por iso, os tuiteiros quixeron contribuír a conservar a posición da cantante galega co cancelo.
Que haceis que no estais votando a sabela ? 😂🐚💛@sabelaot2018 #sabela #SabelaFavorita #OTDirecto22OCT #OT #OT18 pic.twitter.com/LZDf804WN5
— SABELA FAVORITA (@aitanagoalss) October 22, 2018
🐚 Hilo de votos para hacer favorita a Sabela 🐚
🌊 Subid capturas de vuestros votos o un +1 🌊
▫️Tuiteadlo con #OTDirecto22OCT #SabelaFavorita
▫️Dad RT para que lo vea mucha más gente. ¡¡Sabela se merece esto muchísimo!! pic.twitter.com/g3omoNCRJ7— pablo; (@soymupesao) October 21, 2018
Me encanta: su absoluta sinceridad,sin miedo a consecuencias. No dudó en dar argumentos contra el MétodoJavis, ni en decir que se siente infravalorada,ni en decir lo que piensa a cada compañero, desde el respeto.
Por eso #SabelaRevelacion, #SabelaFavorita #OTDirecto22OCT— Tharilo ⛵🐚 (@Tharilo81) October 22, 2018