InicioOccidentalViveiroViveiro solicita unha subvención para mellorar a eficiencia no parque empresarial de...

Viveiro solicita unha subvención para mellorar a eficiencia no parque empresarial de Landrove

O goberno local recorda tamén que, despois das reunións mantidas no seu momento con Xestur, insistirá e premerá á entidade para que adecente e peche as parcelas tal e como se acordou.

Publicada o

- Advertisement -

. O Concello de Viveiro solicitou unha subvención para mellorar a eficiencia enerxética no alumeado público do Parque Empresarial de Landrove.

O goberno municipal adheriuse para elo á Orde do 14 de decembro de 2022 da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta.

O importe solicitado é de 30.938,45 euros para a execución do proxecto, ao que hai que engadir os honorarios do proxecto e dirección de obra, por un coste de 2.722,50 euros.

O Concello de Viveiro proxecta unha obra que incluirá a substitución dos actuais puntos de alumeado do parque empresarial por luces LED de maior eficiencia, co obxectivo de adecuala á normativa de baixa tensión e ao regulamento de eficiencia enerxética en instalacións de alumeado exterior.

O goberno local recorda tamén que, despois das reunións mantidas no seu momento con Xestur, insistirá e premerá á entidade para que adecente e peche as parcelas tal e como se acordou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...