Por Viveiro pide que o Concello actúe sobre a rede de abastecemento na rúa do Porto

Tamén reclaman que se actúe de oficio despois do deslizamento de terras sobre o Bar Áncora en Celeiro.


Os independentes de Por Viveiro, visitaron esta mañá de sábado o Bar Áncora en Celeiro, que leva dous meses cun derrubamento de terras sobre o seu tellado.

Conforme á información aportada polos propietarios, o Concello todavía non coñece o propietario do solar colindante pola parte superior, e seguen agardando unha solución.

Bernardo Fraga, portavoz de Por Viveiro, declarou “en casos así, o Concello ten que actuar de oficio e garantir a seguridade no establecemento hosteleiro, e máis en datas próximas á Semana Santa”

Así mesmo, os independentes presentarán ante o Pleno Municipal, un rogo para solicitarlle ao goberno socialista que actúe de inmediato na rede de abastecemento na rúa do Porto, que leva seis cortes de auga nos últimos meses.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here