InicioPolíticaCisma no BNG de Ribadeo, molesto coa dirección nacional

Cisma no BNG de Ribadeo, molesto coa dirección nacional

Denucian que Ana Pontón e a súa dirección non respectou o acordo de que o deputado provincial da Mariña sexa de Ribadeo.

Publicada o

- Advertisement -

Jorge Díaz Freije, Pilar Otero Cabarcos e Mónica Freire Rancaño, edís electos do BNG no municipio lucense de Ribadeo, renunciaron a recoller a súa acta este sábado ao sentirse “enganados” coa decisión do Consello Nacional que, segundo aseguran, non garante un deputado provincial á formación local.

Nun comunicado asinado polos tres, sinalan que as razóns que lles levaron a tomar esta determinación “nada teñen que ver” coa súa vontade persoal de “continuar traballando na mellora” do Concello, senón que está baseada “na perda de confianza na organización política” que representan e que “parece non compartir o obxectivo de que Ribadeo conte cun goberno nacionalista de esquerdas“.

Así, tras a perda da maioría absoluta e do goberno municipal, expoñen que durante o últimos catro anos o traballo realizado desde o grupo de goberno foi “rigoroso, leal e comprometido” cun proxecto “integral” de Ribadeo que “se desenvolveu nos últimos 16 anos”. “As probas son evidentes”, remarcan, antes de enumerar os investimentos e actividades realizadas no último mandato que, segundo destacan, “requiriron dun traballo constante que tiveron, en gran medida, participación da Deputación de Lugo“.

“Moitas compañeiras e compañeiros con responsabilidades de goberno nas diferentes localidades da nosa provincia acreditan este labor feito e así o trasladaron nos diferentes órganos internos do BNG”, apuntan.

Neste contexto, lembran que desde hai meses a candidatura do Bloque de Ribadeo “tiña un acordo con representantes da Executiva Nacional e coa propia portavoz, Ana Pontón”, no cal, aseguran, “entre outros puntos garantíase que o deputado ou deputada provincial seguiría sendo” de Ribadeo. “Non se trataba dunha cuestión banal nin gratuíta, senón que era unha demanda xusta e lexítima para con Ribadeo, e así o consideramos as dúas partes“, afirman.

“DIN SER ENGANADOS”

A pesar disto, segundo detallan, tras a decisión este venres do Consello Nacional do BNG, din sentirse “enganados” pola organización da que levan formando parte “tantos anos”. Por último, o tres anuncian que deixan a política municipal e a militancia nacionalista nun día “moi difícil e triste” para eles.

“Facémolo co acougo e a fortaleza de quen fai as cousas con responsabilidade, de maneira íntegra e fieis lle aos seus principios. Facémolo tamén con liberdade, sen ter as mans atadas e volvendo ás nosas dedicacións anteriores. E sobre todo, facémolo antepondo Ribadeo a todo, e tamén a todos”, conclúen.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...