Cervo instala unha varanda de protección para a seguridade dos peóns no núcleo da vila

O rexedor, Alfonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, e a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, supervisaron a actuación que supón un investimento de 7000 euros, procedentes das arcas municipais.


O Concello de Cervo vén de instalar unha varanda de protección que afecta á avenida de Lugo e á avenida Galicia, no núcleo de Cervo “co fin de mellorar a seguridade dos peóns nestas zona na que existen desniveis”.

O rexedor, Alfonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, e a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, supervisaron a actuación que supón un investimento de 7000 euros, procedentes das arcas municipais.

Tal e como apuntou Villares “con este sistema de protección damos resposta ás demandas veciñais, evitando riscos de caída na zona, dotándoa ademais dunha imaxe máis estética, integrada e harmoniosa”. Trátase dunha actuación –engadiu- que vai na liña que vimos marcando desde o equipo de goberno para ir facendo pouco a pouco “as nosas vilas máis seguras, humanizadas e adaptadas ao peón”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here